PENEDA 2º xornada proxecto

Finalmente remataron as chuvias que impediron xuntarnos no mes de Marzo, e case Abril, pero o 27- 28 conseguimos realizar a 2º Xornada de Escalada en Parede, desta vez non puidemos estar todos dada a complexidade de combinar datas e posibilidades de cada un, e tamén polo improvisado do evento xa que a verdade o tempo estaba moi  inestable.

Nesta xornada, contamos con Lalo e Daniel acompañados polo coordinador do proxecto e xuntos en cordada conseguimos percorrer dous itinerarios na parede da Meadinha (Portugal), alcanzando o cumio con cerca de 150 m. de percorrido en cada unha delas.

Chegamos o sábado despois do xantar e partimos cara a parede realizando a vía “S” cunha dificultade max. de 6b+ e 5 largos de lonxitude. Foron 3h intensas onde a punto estivemos de abandonar polas repetidas nevaradas que nos caeron durante o ascenso. Durmimos no vivac situado o pé da parede e o domingo cedo afrontamos a combinación de 5 largos da “KK de Luxe-Autopista-Duelo ao Sol” cunha dificultade de 6b e cun percorrido sinuoso o longo da parede. Case 3h foron suficientes para alcanzar o cumio cunha satisfacción foi moi grande, pero si cabe máis grande foi a friaxe que pasamos!!

En fin, o importante foi a experiencia acumulada e a satifacción de Dani e Lalo por ter acadado por 1º vez o cumio desta magnífica parede por partida dobre.

proxecto parede 2º xornada PENEDA (1)proxecto parede 2º xornada PENEDA (2) proxecto parede 2º xornada PENEDA (3)proxecto parede 2º xornada PENEDA (4) proxecto parede 2º xornada PENEDA (5)proxecto parede 2º xornada PENEDA (6) proxecto parede 2º xornada PENEDA (7)

Mapas entrenamento Raid Cumios do Mauxo

Todo listo para a saida do entrenamento de raid organizado polo clube. Aqui están os mapas empregados.

Equipacións AROMON

Aquí está o arquivo das equipación do club e o seu custo por prenda. Son prendas pensadas para desenvolver actividade física, contrastadas polos nosos corredores de orientación e raid en competición, e incluso utilizadas en actividades de Montaña (as prendas curtaventos), cun resultado optimo e moi satisfactorio segundo caracteEquipacionsrísticas de cada prenda.
Faremos un pedido cas peticións dos que esteades interesados, seguindo este procedemento:
1º Deberedes enviar un correo electrónico, indicando o voso nome compreto, número de socio, e a prenda, modelo, manga ou perna e talla que desexades.
2º Confirmaremos dende o club mediante un correo-e, con antelación a facer o pedido, as vosas solicitudes e informaremos o nº de conta do club, onde facer o ingreso.
3º Confirmaremos o solicitado cos ingresos, e procederemos a facer o pedido do pagado.