O pasado Domingo día 03 de Febreiro xuntámonos en Budiño co fin de realizar a primeira xornada de escalada en parede. A excepción do noso compañeiro Guille, que non puido vir, atopabamonos o resto do grupo, composto por Uxio, Fernando, Daniel, Lalo e o coordinador Jose Juan. Nesta xornada pudimos contar tamén coa participación dun invitado de excepción – o noso presidente Manuel Beloso.
Xuntos percorremos varios itinerarios de fenda e placa no sector do Casco, e tras un breve almorzó encaramos a ascensión dunha via mitica no faro “A Calavera”, a 1º vía trazada nesta parede alá polos anos 60. Tras 3 horas intensas e repartidos en dúas cordadas acadamos o cumio desta parede de mais de 100 m, cá satisfacción reflexada nos rostros da maioria por ter sido a súa primeira ascensión a dita vía. Sen mais decirvos que seguiremos informándo das nosas aventuras o mes que ven.

 

SAM_17402013 05 Tec Parede 3ª xor PENEDA (15.4)??????????Naranjo 30-08-20132013 09 Tec Parede 4ª xor BUDIÑO (8)proxecto parede 2º xornada 045proxecto parede 2º xornada 006