O Club AROMON Montañeiros de Pontevedra A Roelo organiza o próximo día 23 de setembro a andaina “IV PONTEANDAR” 2017, puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 Km da Federación Galega de Montaña.

Para completar esta Andaina de 50Km os/as participantes inscritos dispoñen dun tempo máximo de 12 horas, con saída ás 09:00 e chegada ás 21:00 horas dende o Pavillón Multiusos da Xunqueira de Pontevedra (zona Campus Universitario).

Tamén poderase desenvolver unha Andaina de 30 Km con saída e chegada dende o mesmo lugar e co mesmo marxe de tempo.

Cartel do IV PonteAndar.