Achegamos a circular de actividades do mes de novembro, cargadiña de formación, sendeirismo e montaña.
Tamén, coma tódolos anos, o venres 1 de decembro celebraremos a asemblea xeral de socios, e despois dela a nosa tradicional cea de nadal do club na que agardamos recuncar coma compañeiros que somos.
Nos vindeiros días recibiredes máis información sobre estes eventos.
Ante calquera dúbida relacionada cas nosas actividades contactade ca oficina do club, por correo-e ou visitando a nosa oficina os mércores, xoves e venres laborais de 20.30 a 21.30h.