Grandes resultados obtidos pol@s nos@s orientador@s na mañá de onte, no espectacularmente técnico mapa de Forgoselo. Tratábase dun mapa recartografado nos últimos meses, e no que había que sumarlle ao nivel técnico un elevado nivel físico, ao tratarse do Campionato Galego de Distancia Longa.

Salientar os resultados obtidos nas categorías:
MASCULINO 14: Hugo Antoñón (1º) e Xián Novoa (3º)
MASCULINO 16: Mateo Antoñón (2º)
MASCULINO 21B: Pablo Barreiro (2º)
MASCULINO 35: Alfonso Rosado (1º), Alex Marín (2º)
MASCULINO 40: Manolo Beloso (1º)

Excelente organización a amosada polo clube Ártabros, na 12ª e derradeira proba do calendario federativo galego desta tempada 2017.

Xa só nos queda disfrutar da festa de fin de tempada, que se celebrará o vindeiro 9 de decembro, no Campionato Galego de Remudas, na Torre de Hércules.