A ruta comeza na parroquia de Cans (Porriño). Nun panel informativo deste sendeiro podemos ver a situación dos Muiños de Couso. Despois de percorrer este sendeiro seguimos por unha pista ata o Castelo de Cans coñecido como O Pianista, no seu cumio quedan restos do Castelo de Miravel(s.XI) e gozamos da vista do val de Louriña e Porriño.
Continuamos por unha antiga pista que utilizaban as canteiras para chegar ata o Faro de Budiño(398m) e logo ao Alto de San Cibrán (429m).
Regresamos ao punto de partida seguindo tramos do PR-132 e do GR-58.

Powered by Wikiloc