Achegamos con esta comunicación a circular de actividades do club para o mes de febreiro.
Inda que o mes de febreiro adoita facerse curto, no club o explotamos ó máximo.
Damos comezo ás tardes de rocódromo, se o tempo acompaña, as xornadas de escalada en rocha.
Nos iremos de ruta a disfrutar pola montaña palentina: montaña invernal para tódolos niveis!
Outra opción máis preto e non menos interesante é achegarnos a coñecer parte da montaña galego-portuguesa do Xurés-Gueres.
Tamén da o seu pistoletazo de saída para a tempada 2018 a liga galega de O-Pé, e damos continuidade á Liga Local ChemaSport ca súa 2ª proba.
Moi interesante a serie de audiovisuais xornada aventura: dúas xornadas no mes de febreiro nas que lembraremos e divulgaremos as actividades montañeiras máis ambiciosas do club protagonizadas polos nosos socios…
Para calquera dúbida consultade na oficina.