(Toledo – Do 2 ao 5 de xaneiro de 2018)

Na cidade de Toledo e nalgún dos seus montes cercanos tivo lugar a Concentración de Reis que forma parte do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva deste novo ano que xa comezou e da que participou un grupo de orientadores e orientadoras do noso Club: Xián Novoa, Mateo Rodríguez, Yared Grimaldi, Alba Grimaldi, Xoel Chamorro e Amalia P. Otero.

Alén do obxectivo principal, que nesta concetración era participar nun programa de actividades e exercicios técnicos, orientada para os aspirantes a formar parte do equipo que participe no Campionato de Europa (EYOC); todos puidemos aproveitar esta actividade de tecnificación da FEDO como comezo do programa de entrenamento.

Os diferentes entrenos estaban focalizadas no desenvolemento das habilidades técnicas básicas: Interpretación de liñas de relevo, manexo do compás para trazar rumbos precisos, lectura do mapa para seguir un corredor ou un trazado e a orientación baseándose en elementos de ataque ao control.

Todos estes aspectos do traballo nas distintas probas non so quedaron en ser nun mero entreno sinon que se convertiron na base da valoración dos puntos débiles cara os que hai que traballar para seren mellorados e o coñecemento do estado físico, técnico e mental do que partimos nesta temporada.

O gran traballo dos organizadores, o bo ambiente entre participantes, os propios mapas, as localizacións e as distintas e variadas probas fixeron destas maratoniana s xornadas uns momentos moi divertidos que pretendemos repetir na seguinte concentración.