O pasado domingo 27 celebrouse na vila de Arcade a 3ª Carreira de Orientación do Concello de Soutomaior (que correspondía á 6ª Proba da Liga Aromon ChemaSport). Lembramos que a finalidade deste tipo de probas é a de visitar unha serie de puntos marcados nun mapa, sin unha ruta previamente fixada (cada participante decide cómo chegar a cada punto, e isto fai que un dos factores máis determinantes deste deporte sexa pensar e entender o mapa, e logo, correr).

O evento comezou coas primeiras saídas ás 10:30 da mañá, que se prolongaron máis dunha hora, e na que grazas á elevada participación (máis de 100 persoas inscritas), puidose ver un fabuloso ambiente na vila das ostras.

A proba tiña tres niveis de dificultade (Iniciación nenos, iniciación adultos, e federados), o que permitía axustar a cada participante á súa característica persoal. Asímesmo, como se trata de probas de coñecemento e promoción do deporte, permítese a asistencia e participación en grupo, o que fai que familias enteiras disfruten dunha mañá nun deporte cada vez máis coñecido.

A próxima cita (este ano existen ata 14 probas ao longo do ano) será o vindeiro sábado 16 de xuño en Cangas