Seleccionar página

 

DATA.- Sábado 7 de xullo, a partir das 22hs

Actividade.- Orientación: 3ª Carreira de Orientación Concello de Marín – VII LIGA LOCAL AROMON-CHEMASPORT 8ª PROBA

Lugar.- Marín, Granxa de Briz (https://goo.gl/maps/Arq9KsCW7M62) Organiza.- Club Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo

Desenvolvemento.- A Liga Local AROMON ChemaSport é unha iniciativa do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo que ten como obxectivo iniciar no deporte da orientación a todo aquel que o desexe.

Contaremos con unha única modalidade (proba nocturna), que se desenvolverá no entorno da Granxa de Briz / Parque dos sentidos (Marín)

  • O-Pé: Contará con tres percorridos: Iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos), Iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia) e Avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, SÓ para federados en orientación)

Custo.-

  • Nen@ FEDERADO ORI menor ou igual a 15 anos (0€)
  • Nen@ NON FEDERAD@ ORI menor ou igual a 15 anos (0€)
  • Soci@ do club FEDERAD@ ORI con AROMON (0€)
  • Soci@ do club NON FEDERAD@ ORI (0€)
  • NON soci@, maior de 15 anos (4€)
  • NON soci@ do club, FEDERAD@ FEDO (4€)

Inscricións.- Até o martes 3 de xullo ás 22:00h na oficina do club, ou a través da seguinte web: https://aromon.es/inscripciones/8a-proba-lachs-2018/ .

 

View Fullscreen