Piornedo-Mustallar-Peña Longa-Cuiña-Burbia (invernal)

A travesía realizouse en condicións totalmente invernais a pesar de atoparnos a mediados de abril, atopámonos neve húmida por enriba de 1.450 m o que nos requiriu o uso de raquetas de neve e un importante esforzo físico ambos días.

Sábado 14 de abril: Piornedo-Mostallar-Peña Longa-Cuiña-Burbia (18.6 km, ascenso acumulado 1.318 m, descenso acumulado 1.536 m).
Saída dende Piornedo en dirección a Campo Redondo, chegando ata a Mallada do Mostallar para a continuación ascender este pico (1.934 m), desde éste dirixímonos cara a Peña Longa (1.881 m) e o Pico Cuiña (1.992 m). Una vez chegados ó Cuiña, volvemos a descender ata o collado entre Peñalonga e Cuiña, para baixar ata a Braña do Mustallar e despois seguir o val do río Burbia ata o camping / albergue en Burbia, lugar onde fixemos noite.

Domingo 15 de abril: Burbia-Pico de Lagos-Piornedo (15.1 km, ascenso acumulado 1.039 m, descenso acumulado 817 m).
Saída dende Burbia, seguindo o val do río Burbia ata tomar o Camiño dos Galegos (paralelo ó curso do Regato Vilouso), subimos ata o Acebalín e os Lagos de Vilouso. Dende estes, accedemos pola liña de mínima pendente ata o Collado da Boca do Campo, buscando o mellor punto para acceder ata a cordal, xa que neste punto hai unha evidente cornisa de neve. Unha vez naa cordal ascendemos cara o Pico de Lagos (ou Pico Lanza, 1.866 m),continuamos ata o collado (1.823 m) entre este pico e o Mostallar. Efectuamos o descenso buscando as menores pendentes, ata chegar ó regato Vega Cimeira e despois ó camiño nos levará directamente a Piornedo.

Powered by Wikiloc