Ruta PonteAndar 2019

SAÍDA

A saída efectuarase dende o Pavillón Multiusos da Xunqueira, sito na Rúa Celso Emilio Ferreiro (zona do Campus Universitario), ás 09:00 horas. O peche da proba está previsto no mesmo lugar ás 21:00 horas para a chegada dos participantes e ás 21:30 horas procederemos a clausura da andaina.

Para un bo desenvolvemento do control de asistencia e entrega da tarxeta de control, é preciso estar no lugar de saída 1 hora antes do inicio da andaina.

ITINERARIO

A ruta estará debidamente sinalizada por cintas (indicarase no intre da saída), con frechas de pintura vermello e con balizas orientativas de cor vermello.

50KM

30KM

 

Os tramos da andaina que crucen ou percorran estradas, non estarán cortadas ao tráfico, debendo o participante gardar atención ás normas xerais de Tráfico e ás indicacións da Organización.

CONTROIS DE PASO

Os participantes deberán pasar por estes controis dentro duns tempos máximos e mínimos. Establecéndose unha velocidade aproximada máxima de 7 km/h e mínima de 4,2 km/h.

1º Control e Bifurcación. Estará situado no km 09,870PONTILLÓN do CASTRO

Abre ás 10:24 h e pecha ás 11:21 horas.

2º Control. Estará situado no km 18,970CAMPA do ACIBAL

Abre ás 11:42 h e pecha ás 13:31 horas.

3º Control. Estará situado no km 25,920AMIL

Abre ás 12:42 h e pecha ás 15:10 horas.

4º Control. Estará situado no km 34,620CAMPA do ACIBAL

Abre ás 13:56 h e pecha ás 17:15 horas.

5º Control. Estará situado no km 41,510 SAN ANDRÉS de XEVE

Abre ás 14:55 h e pecha ás 18:53 horas

6º Control. Estará situado no km 50,000PONTEVEDRA

Abre ás 16:08 h e pecha ás 21:00 horas.

Para os participantes na ruta de 30 km establécense os seguintes puntos de control.

1º Control e Bifurcación. Estará situado no km 09,870PONTILLÓN do CASTRO

Abre ás 10:24 h e pecha ás 11:21 horas.

2º Control. Estará situado no km 19,780SAN ANDRÉS de XEVE

Abre ás 11:50 h e pecha ás 13:42 horas.

3º Control. Estará situado no km 30,000PONTEVEDRA

Abre ás 13:17 h e pecha ás 16:09 horas.

Todo participante que chegue ós puntos de control e avituallamento antes do horario de apertura, non terá asistencia nin se lle rexistrará o paso, podendo ser retido nestes puntos ata a apertura dos mesmos.

Na mesma, todo participante que exceda do tempo de paso por estes puntos de control deberá abandonar a proba e será retornado en vehículos da organización ata o punto final da Andaina.

Salvo causas de forza maior, no caso de abandono da andaina, este realizarase nos puntos de control.

AVITUALLAMENTOS

Ca intención de prover ós participantes de alimentación líquida e sólida, establécense como puntos de avituallamento os sinalados como puntos de control.

OBSERVACIONS

Aconsellable levar operativo o teléfono móbil co obxecto de comunicarse ca organización en caso de que xurda calquera problema ou incidencia.

Se recomenda levar un bidón ou cantimplora, co obxecto de abastecerse de líquidos nos puntos de avituallamento ou nas fontes que se atopan no percorrido.

Queda terminantemente prohibido deixar desperdicios fora dos lugares habilitados para elo nos puntos de avituallamento.

No Pavillón Multiusos da Xunqueira estarán abertas as duchas a partir das 13:00 horas.

IMPORTANTE

A organización contará cos permisos (Xunta, Concellos e CMVMC) e seguros obrigados (accidentes e RC) para o desenvolvemento deste evento.

O participante exime á organización de responsabilidade por perda ou deterioro de obxectos persoais por calquera circunstancia.

Os menores de 18 anos deberán participar acompañados en todo o percorrido dun responsable maior de idade.

A organización reservase o dereito a modificar calquera punto do percorrido sen previo aviso por causas meteorolóxicas, seguridade ou causas de forza maior.

A organización resérvase o dereito de poder retirar a calquer participante que entenda que non se atope nas condicións físicas necesarias para rematar a proba.

O feito de inscribirse e participar na andaina “V PONTEANDAR 50 KM” de Pontevedra, supón a total aceptación deste regulamento.