Acantilados de Loiba, percorrido lineal de 20km. A ruta parte da estación do FEVE de O Barqueiro dende onde iremos a Punta Herbosa. Percorreremos a praia do Esteiro ata cruzar o río e dirixirnos ós acantilados de Loiba. A partires de eiquí a senda discorre á beira do mar, polo que poderemos desfrutar das vistas cara ós acantilados de Cabo Ortegal e a serra da Capelada. Pasaremos polo famoso banco “The Best Bank of de World” e por fermosas praias e piñeirais até chegar a Espasante (estación do FEVE) para coller o tren e voltar ó Barqueiro