O próximo mércores, día 13 de marzo de 2019, o Parque do Coñecemento do Campus Universitario de Vigo, acollerá o Campionato Provincial Escolar de Orientación da provincia de Pontevedra, correspondente ao programa Xogade da Xunta de Galicia.

O Campionato celebrarase entre as 10:00 e as 13:00 h. e nel tomarán parte preto de 300 estudantes dos seguientes Centros Educativos: IES de Chapela, IES San Paio, IES Monte Carrasco, IES de Barro, IES A Xunqueira II, CPI de Mondariz, CPI Cova Terreña e CPR San José de Cluny.
As dez primeiras persoas clasificadas de cada categoría (infantil feminina, infantil masculina, cadete feminina e cadete masculina), acadarán calsificación para o Campionato Galego Escolar de Orientación.

Unha vez máis a Universidade de Vigo, seguindo coa súa aposta decidida a prol do Deporte, exercerá de anfitrioa acollendo a participantes e organizadores nás súas modélicas instalacións.
O Club Aromon Pontevedra Montañeiros a Roelo, da FEGADO (Federación Galega de Orientación), controla a proba co obxectivo de que se desenvolva en óptimas condicións e de que prime a transmisión de valores como a igualdade, a inclusión e a convivencia, segundo comentaron Natalia Caparrimi (Vicerrectora de Extensión Universitaria), Ricardo Figueroa (Técnico da FEGADO e membro de AROMON) e Guillermo Reinaldo (Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra), na presentación deste evento.