Felicitar por partida dobre ao noso socio Xavier Carballo polos últimos resultados acadados recentemente en escalada. Por un lado, a súa participación no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en idade escolar celebrado o pasado 26-28 de abril en Plasencia, onde acadou un 5° posto na clasificación xeral da Selección Galega en categoría infantil. O Campionato celebrouse no formato Olímpico u Overall e os deportistas medianse nas tres modalidades olímpicas: velocidade, bloque e dificultade. O noso socio Xavier foi quen de alcanzar a quinta praza grazas os seus bos resultados en cada unha das diferentes modalidades.

Por outra banda e mais recentemente, acaba de encadear en rocha na modalidade de escalada deportiva duas vías cotadas de 7b+, un grado de dificultade que o situa nestes momentos e tendo en conta a súa curta idade (12 anos) no mais alto do panorama galego en canto a progresión, e posiblemente no primeiro rapaz desa idade en alcanzar estes niveis de dificultade na nosa Comunidade Galega.

Dende aquí todo o noso apoio aos novos valores da escalada, e en especial ao noso socio Xavi pola sua gran traxectoria.

Noraboa!