Hola amigos do club AROMON de Pontevedra.

O pasado fin de semana disputouse o terceiro raid da liga española e tamén da galega de raid 2019 e houbo equipos AROMON que participamos neste RAID. Un dos RAID que se disputan
preto de casa sen dúbida hai que aproveitalo e participar nel. Alá estivemos os equipos AROMON MISFITS, AROMON OS2O na categoría de aventura mixta, AROMON GALLAECIA RAID
e nós: AROMON GRAMOLA na categoría ELITE.

Este ano decidimos facer unha pequena programación co fin de reunir un grupo de xente de intereses e aptitudes afíns co fin de acadar unha serie de obxectivos básicos: participar no
maior número de carreiras de liga española e galega de RAID, tratar de facer pódium en todas elas e DIVERTIRSE. Para elo consideramos que o máis importante de todo sería reunir un
equipo de amigos, que todos fosen do club AROMON, e poder facer adestramentos de preparación ó longo da tempada. Está claro que os motivos familiares, laborais e persoais de
cada quen sempre implican un cúmulo de axustes no que a boa vontade e sacrificio de tódolos deportistas e das súas familias é case imprescindible. Cando se convive en familia sen dúbida
eles tamén teñen que ver moito en que podamos adestrar, competir e desfrutar. GRAZAS A TODAS ELAS.

CRÓNICA DO RAID.

Cando se compite nun RAID de liga española a menos dunha hora da túa casa sen dúbida é un privilexio. Poder durmir a noite do sábado na túa casa non ten prezo. Así decidimos madrugar
o sábado pola mañá para estar cedo en Salvaterra do Miño onde se daría a saída do RAID.

Xa chegados preparamos todo rapidamente no box, creo que fomos o primeiro equipo en estar alí, algo inaudito xa que sempre nos cadra ir “a remolque”. Preparamos as nosas cousiñas
e listos para que nos desen os mapas as 8:30, comezamos a subliñar o noso percorrido de todas as seccións da primeira etapa (S2-S7), e o tempo pasa rapidísimo nin que nun exame
estiveramos, van dar a saída e aínda nos falta a derradeira sección. Eu remato de subliñar e Xoel que quere levar os dous mapas subliñados e supervisados non ten presa. Ó final como
sempre saímos uns segundos despois de que desen a saída, o que nos ven pasando fai anos, ¡imposible saír con todos!

SECCIÓN 1. CARREIRA A PE SCORE POR SALVATERRA DE MIÑO.

Xa estamos en carreira a facer a primeira sección carreira a pe e como saimos de últimos, aínda que era SCORE, decidimos ir ás balizas en orde. 1,2,3 e chegamos a transición adiantando a bastante xente…

SECCIÓN 2. KAIAK POLO MIÑO (DE SALVATERRA DE MIÑO ATA O CALDELAS DE TUI)

Corremos rápido cara o kaiak e comezamos a remar primeiro río arriba para acadar unha baliza e logo xa río Miño abaixo para coller o resto das balizas. Aí Xoel tiña que ir seguindo o Kaiak na bicicleta e picar as balizas ó mesmo tempo que nós, ¡non se rebentou nesa sección! ¡nin sequera animaba un pouco o condenado!

Ó chegar á confluencia co río Tea temos que portar o kaiak pola man xa que había pouca auga e metémonos a buscar unha baliza que quedaba ó norte da illa de Fillaboa, alí xa logramos coller a supermore e superMar, que tiveron que participar na categoría aventura por asuntos persoais de Dani Corvo, sen dúbida uns rivais que en ELITE ían ter moitas opcións de gañar o RAID… e nós démoslle caza no kaiak! Xa comezamos a ver que non debiamos ir tan mal, seguimos palexando ata chegar a Caldelas de Tui e aí comezamos a terceira sección.

SECCIÓN 3. (BTT-TREKIN Caldelas Tui – Salvaterra)

Aquí comeza unha sección pouco habitual, aínda que eu particularmente xa fixera algo así nos RAID en Portugal (cando se facían RAID en Portugal). Consistía en facer a sección dous correndo en un na bicicleta e decidimos optimizar o posible o xeito de progresar. O plan consistía en que o da bici se adiantara uns metros, sempre que non se perdese a visibilidade cos compañeiros e deixase bici e casco a carón do camiño e continuase correndo cun mapa, o outro mapa quedaba no portamapas da bicicleta, cando o último chegaba onda ela, collía a bicicleta, adiantaba os compañeiros sen esquecer de collerlle o mapa a quen o levaba para dese xeito o deixar a bici poder seguir orientando… iamos a bo ritmo pero sen esquecer que quedaba moito RAID por diante… e así iamos cando pola metade da sección encontramos o todopoderoso equipo MARQUES DE VIZHOJA CORNELIOS BRIGANTIA con Tere barreira, Torvi e o gran Ángel García. Pensei para min, que quizais haberían parado a algunha necesidade fisiolóxica por parte dalgún dos compoñentes, pero aí estabamos nós, na cabeza de carreira aínda que pola miña parte notaba que os meus compañeiros se estaban emocionando un pouco… pensei que o mellor sería seguir o ritmo deste gran equipo e non tratar de adiantalos nin nada polo estilo, quedaba moito RAID. Ademais, eu polo menos, ía abraiado xa que Ángel estaba facendo toda a sección a pe deixando que Tere e Torbi se fosen axudando nos relevos coa bici. ¡Menuda bestia parda! Ó final nun intre desapareceron da nosa vista… Cando chegamos á transición ¡xa habían saído!

SECCIÓN 4 (BTT Salvaterra – As neves)

Esta sección era unha sección longa de BTT, na que tiñamos que facer unha proba especial de natación no río Tea. Comezamos a BTT e seguiamos a bo ritmo por unha sección que comezou bastante rápida con sendeiro de bo firme a carón do río Tea. Eran sobre as 14h e Mario comeza a ter calambres nas pernas, así que decidimos baixar un pouco o ritmo de carreira e chegamos a sección de natación, tres balizas a picar tras mirar un mapa de memoria. Quen me coñeza saberá que eu son como un gato na auga, aínda que non afogo, non me gusta pero ó final non o fixen tan mal xa que saín da auga uns segundos despois de Xoel, cambiámonos a presa e saímos para rematar unha sección que se caracterizou por os sendeiros de río obrigatorios e algún paso por debaixo de dúas pontes nas que houbo que mollar os pes.

SECCIÓN 5. Treking (As neves – As neves)

Aquí comeza un treking que se caracterizou por o que para nós sería a trampa do RAID no que caeríamos un e outra vez.

Aínda que no brifing dixera a organización que os sendeiros estaban algo pechados de
vexetación, nós pensamos que se hai sendeiro pódese pasar. Pois non, imposible. Xa nada máis
saír cara a baliza 1 metémonos nun mar de eucaliptos cativos e xestas que facían imposible
camiñar (consecuencia nefasta da acción dos incendios que favorecen que xorda toda esta
praga de eucaliptos) logo de trochar toda esta barbaridade logramos saír cara o norte subindo
para despois ter que baixar por unha ladeira chea de pedras, xestas e toxos… e nós sen
polainas! Tras perder moito esforzo e tempo nesta primeira baliza vamos progresando ata a
baliza 5, e aquí comeza unha tremenda subida duns 400 metros de desnivel en apenas 1 km na
que aparecen os sendeiros marcados no mapa… que non están! Só hai toxos e pedras toca
subir devagar, como dicía Xoel: “Vimos a xogar, non?” pois si, vimos a xogar e se hai queperder se perde pero ímolo a intentar. Chegado a baliza 7 preto do coto de Sanomedio
decidimos o que Xoel máis lle doe, que é saltar balizas, ó final, vendo que o ritmo non era o do
principio, Mario e mais eu consideramos que debiamos deixar a 8 e a 9 e ir para a transición xa
pois xa se nos viña a noite nesta sección. E Xoel que non, que aínda daba tempo, que onde
íamos xa deixando balizas! (Logo no tracktherace vimos que o equipo Vizhoja brigantia había
saltado varias balizas tamén desta sección). Xa baixando e volvendo a caer nas trampas dos
sendeiros pechados ou inexistentes logramos chegar a transición recén chegada a noite.

Sección 6. (As neves – Arbo)

Toca unha sección xa de noite onde de novo para saír a baliza 1 toca ir por eses sendeiros tapados pola vexetación ¡e ademais na BTT! Grazas a que topamos un tramo coincidente coa sección anterior recordamos un pouco como era o truco e saimos bastante ben do fental e a partir da baliza tres toca subir, subir e subir uns 400 metros de desnivel por pistas en zigzag en apenas 2,5 km en liña recta pero que polas pistas saíu bastante mais. Mario ía xustiño de forzas pero… ¡viñemos a xogar, non? Pois a xogar! Pasada a baliza 3 uns rapaces da organización nos din que imos de primeiros. Eu pensei para min que quizás o tracktherace marcase que iamos primeiros pero que sen dúbida o equipo de Cornelios Brigantia seguro que ían chegar antes ó treking e facer moitas balizas e mais puntos ca nós… e seguimos para adiante, xa se verá cando cheguemos á meta. (Por certo, bravo pola organización que estaban en millares de puntos de paso coidando que todo estivese ben e velando pola seguridade). Chegados a baliza 4 comezamos a baixar co ánimo de poder chegar a facer parte da última sección de treking (as últimas seccións neste RAID daban moitos puntos en relación o tempo estimado para facelas), pero logo de chegar a unha vaguada moi marcada vemos que a pista (non camiño, nin sendeiro, ¡Pista!), non existe ou está totalmente tapada de vexetación, de novo volta para atrás perdendo uns 20 minutos preciosos. Logo o coller outra opción vemos que baixa moi directa e ademais asfaltada. ¡Mala sorte!

Sección 7 Treking (Arbo – Arbo)

Co retraso que iamos acumulando mais o erro no mapa da baixada, só puidemos chegar para subir a ultima baliza desta sección nunha igrexa e volver deixando 10 balizas nesta sección.

REMATE DA PRIMEIRA ETAPA.

SEGUNDA ETAPA.

SECCIÓN 8. (BTT) (A CAÑIZA – A CAÑIZA)

Comeza un novo día e xa coa información de que iamos de primeiros con 18 puntos de marxe pola retirada do equipo Cornelios Brigantia por problemas mecánicos sufridos nunha das súas bicicletas, pensamos que o mellor era manter o noso ritmo pero sen forzar nin arriscarse a ter nós tamén calquer problema. O obxectivo era, como sempre pero agora mais ca nunca, divertirse facendo un Raid que sabiamos que era noso, ¡iamos a gañar o noso primeiro Raid!
Saimos de novo case detrás de todo deixando que os demais corredores se fosen e fomos novamente remontando posicións pouco a pouco pero sen presa… bueno, esa era a miña idea porque Xoel andaba polo aire. Moitas veces, moitas, tivemos Mario o mais eu que dicirlle que afloxara un pouco o ritmo, porque, ¿qué pasa con este home, non se cansa?!SECCIÓN 9 (TREKING (A CAÑIZA – A CAÑIZA) Toca agora un treking no que de novo tivemos que deixar unha baliza, a mais lonxana, e de novo caemos na trampa dos sendeiros pintados no mapa pero inexistentes na realidade… mais de 30 minutos perdidos pasando polo medio dos toxos incluso reptando polos debaixo dos toxos de 2 metros de alto… porque sabendo que estes camiños non son fiables, seguimos indo por eles? Porque… ¿¡vimos a xogar ou a qué vimos!?

Sección 10 BTT (A CAÑIZA – BODEGAS MARQUES VIZHOJA)

Sección moi rápida ó comezo e moi divertida, ainda que xa iamos con bastante retraso coa previsión do tempo decidimos ir ata a baliza 5 e logo ir directamente a 9… que era todo baixar.

¿Todo baixar? En fín, certo é que o principio era todo baixar e logo da 5 tocaba baixar por unha estrada moi divertida con curvas pero claro… o que moito baixa logo ten que subir. Isto pasa por non fixarse ben nas curvas de nivel e por levar tamén o mapa dobrado, logo de desdobralo atopas sorpresas. Toca subidón para recoller a 9 e logo xa baixar ata a bodega de Marqués de Vizhoja para facer unha sección moi cortiña e con unha gran cantidade de puntos. Ó final chegamos a 15 ́ do peche e tivemos que deixar 4 balizas con moitos puntos… pero xa por fin rematou o RAID.

FIN DO RAID.

Rematou o RAID e agora nos queda comer e pasalo ben na magnífica comida que nos preparan na bodega de marques de Vizhoja probando o mexillón, a lamprea, as tortillas o porco á brasa e outras delicias acompañados de boa música.

Si, por fin logramos acadar a nosa primeira vitoria nun Raid de aventura de liga española. É certo que faltaron eses equipos que parecen case imposibles de vencer, pero tamén debemos valorar a progresión ascendente no rendemento do noso equipo, nos éxitos nos derradeiros Raids que estamos a disputar (este ano fixemos 3o no Raid de Fonsagrada e agora 1o no IV Raid do Condado)… e agora este mes esperamos participar no campionato de España de Raid, probablemente aparecer no podium vai ser case misión imposible, pero o que si imos buscar alá é: DISFRUTAR, APRENDER, E SEGUIR MELLORANDO.

UNHA APERTA PARA TODAS.