¡¡Parabéns aos nosos socios Sabela e Xavi polos seus resultados no Campionato Galego de Escalada en Bloque 2019!!

Resumo do evento:

O pasado 17 de novembro levouse a cabo o Campionato de Escalada en Bloque 2019 en Ourense. Contou cunha numerosa participación, destacando a equilibrada participación masculina e feminina, representando a dez clubs de toda Galicia.

Os pasos do campionato foron equipados polo equipo formado por Iván Rouco, Joel Rodríguez e José Juan Domínguez. Foron pasos vistosos e buscando as tendencias actuais desta especialidade de escalada. Movementos dinámicos e algún que outro volumen que obrigou aos competidores e competidoras a interpretar a secuencia axeitada.

Todas as clasificatorias se desenvolveron con dinamismo e unha rotación moi fluida pasando á final seis deportistas por categoría. Destacar no resumo das finais bo nivel de escalada e entrega de todos e todas as competidoras, amosando que día a día o nivel da escalada competitiva en Galicia está a medrar.

Resultados do campionato:

Categoría Sub – 16 Masculina

Xavier Carballo Varela (Club AROMON Pontevedra)
Martí Pérez Tur (AMI)
Xoel García Maestu (Club de Montaña Coruña)
Categoría Sub – 16 Feminina

Estela Miles González (Trevinca Montañeros de Galicia)
Aitana Rodríguez Cerezo (Club Montañeiros Celtas)
Mara Rodríguez Méndez (Club Montañeiros Celtas)
Categoría Absoluta Masculina

Adrián Álvarez Varela (Indoorclub de Escalada)
Fausto Blanco Pérez (AMI)
Alberto Rodríguez Costa (Club Montañeiros Celtas)
Categoría Absoluta Feminina

Araceli Vale Fernández (Trevinca Montañeiros de Galicia)
Lucia Sousa Rodríguez (ASESOU)
Sabela Córdoba Torrecilla (AROMON Pontevedra)