Achegamos a circular de actividades para o mes de febreiro, no que damos comezo ao calendario de escalada.
Haberá orientación, sendeirismo, montaña invernal e retomamos as “charlas de achega“, modalidade de formación de proximidade e calidade para os nosos socios.
Lembrade que esta semana celebraremos a “Feira de material deportivo de 2ª man” este xoves e venres de 20 a 21.30h, e sábado de 10.30 a 13.30h.
Podedes traer o voso material correctamente etiquetado co nome do propietario e prezo o mércores á oficina do club..
¡CONTAMOS CONVOSCO!
Tamén aproveitamos para informar de que queda unha praza libre na escola de escalada no grupo das mañáns, martes e xoves de 10:00h a 12:00h (1 ou 2 días).