O Club AROMON Pontevedra consegue un 2° e 3° posto na 1ª Proba da Copa Galega de Escalada Base:
A escola de escalada do Club Aromon Pontevedra participou de xeito brillante na primeira proba da Copa Galega de Escalada Base, celebrado este fin de semana no pavillón dos Remedios de Ourense coa participación conxunta de 103 escaladores dende prebenxamines a xuvenís.
Un grupo de 5 deportistas representaron ao club este fin de semana:
Tiago Carballo, que na categoría alevín foi o 3° clasificado. En xuvenil Paula Remiseiro acadou un merecido 2° posto e Xandre Beloso tras quedar primeiro na clasificatoria, conseguiu o 4° posto na final. Parabéns a todo o equipo e ao seu adestrador, José J. Domínguez, por facelo posible!
O Club Aromon aposta pola formación dos seus deportistas a través das escolas do club e municipais, e conta tamén con tres xóvenes escaladores formando parte do programa de Tecnificación de escalada da FGM: Mirian Caiña, Xavi Carballo (este último con varios pódium a nivel nacional en 2019, e foi preseleccionado na proba de velocidade do equipo nacional) e Tiago Carballo, que segue os pasos do seu irmán a unha velocidade e altura vertixinosa.
Seguiremos polo miúdo os avances dos escaladores máis novos do club Aromon Pontevedra, que seguro nos deixará abraiados nos vindeiros anos.
Moita forza!!

COMPARTIR: