Mediante este comunicado vos avisamos de que SUSPENDEMOS TÓDALAS ACTIVIDADES DO CALENDARIO DO CLUB ata novo aviso, dada a situación de ampliación do estado de alarma ata o 11 de abril, e a incerteza despois deste período.

Isto inclúe, ademais das actividades do calendario, SUSPENSIÓN das ESCOLAS DEPORTIVAS, PARTICIPACIÓN EN EVENTOS FEDERATIVOS e ORGANIZACIÓN DO PONTEANDAR.

Con respecto á viabilidade das seguintes actividades do calendario iremos valorando e informando, pois teremos que agardar a que se diten ordes e recomendacións por parte dos organismos competentes na materia para a volta á normalidade.  

Do mesmo xeito, a oficina do club permanecerá pechada ata novo aviso. 

Quedamos á vosa disposición a través do correo-e ante calquera dúbida ou cuestión que poida xurdir, e vos manteremos informados pois seguimos traballando dende as nosas casas.

Unha forte aperta,
Xunta Directiva Aromon

AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo