O Club AROMON Pontevedra consegue un 2° e 3° posto na 2ª Proba da Copa Galega de Escalada Base:
 
Cinco xóvenes deportistas da escola de escalada do Club Aromon Pontevedra participaron con éxito na segunda proba da Copa Galega de Escalada Base, levada a cabo o 7 de marzo no pavillón Municipal de Riazor (A Coruña) con máis dun cento de participantes dende prebenxamines a xuvenís.
 
Nesta ocasión conseguimos dous podios na categoría xuvenil. Xandre Beloso obtivo o millor resultado cun 2º posto, e Paula Remeseiro quedou terceira na final. Por outro lado o noso socio Xerman González, tras quedar empatado no primeiro posto da clasificatoria realizando os dous top da proba, conseguiu o 6° posto na final de cadetes. 
Tiago Carballo, na categoría alevín, foi o 4° clasificado. 
 
¡Parabéns a todo o equipo polos seus excelentes resultados!