O pasado sábado 7 de Marzo, disputábase en Espinama (Cantabria) a VII edición do Picos Snow Running (carreira de raquetas), única proba desta especialidade no noso país.

 

 

A saída da carreira atopase preto da estación do funicular de Fuente Dé. Este ano, por mor das nevadas dos días anteriores, o percorrido tivo que ser modificado, xa que a neve estaba aínda sen transformar e algunhas zonas de paso habituais non eran seguras.

Comezabamos o día cunha ascensión en raquetas dirección ao refuxio de Cabaña Verónica, detendo a camiñada preto da subida a Horcados Rojos, e así aproveitar o dia e quecer as pernas. 

As 15:00 daríase a saída da carreira, 9,5 kms con 440 metros de desnivel positivo, nun percorrido de ida e volta, con dúas voltas a un bucle o redor do Hoyo sin Tierra.

Na proba, puntuable para o campionato de España e de onde sairían os campións deste ano, contaba coa presenza de Manuel Merillas e Roberto Ruiz, que xa en 2019 pelexaron ata o ultimo intre pola vitoria, ademais dun olímpico coma Chema Martínez, mentres que en feminas todo indicaba que a actual campioa, Lucia Ibáñez, estaría en posibilidades de revalidar o titulo, algo que así fixo.

Trala carreira e as 18:30, dábase saída á raquetada nocturna, na que fomos coma colaboradores facendo, a tramos, de escobas e axudando ós participantes ao longo do percorrido.

Unha experiencia diferente, totalmente recomendable, e abofé que se podo, no 2021 estarei alí novamente!

@salva.moreira

AROMON Pontevedra

COMPARTIR: