O pasado domingo día 26 de xullo continuamos dende o club cunha actividade que une rocha e auga, no primeiro costering deste verán un tanto atípico.

Na fermosa contorna de Punta Couso puidemos gozar do contraste dos acantilados de interior de ría e costeiros, e a bravura do mar.

Ademais do movemento entre rochas e algún que outro tramo a nado tivemos o pracer de atopar saltos de auga, covas e furnas, e como non o faro, e os illotes e cons da contorna… sempre cas magníficas vistas de Ons e Cíes ao fondo.

Unha mañá perfecta desfrutando das marabillas naturais galegas. Cun clima solleiro moi agradable e un estado do mar na súa xusta bravura, e cunha inmellorable compaña.  

Vémonos na vindeira aventura:

1 de agosto xornada de escalada en rocha
23 de agosto costering

¡Consúltanos!