Levámola a cabo na magnífica contorna da Illa das Esculturas e o Campus Universitario de Pontevedra.
Contou con 3 percorridos: iniciación nenos, iniciación adultos, adultos nivel medio e adultos nivel técnico-alto. Moitos dos participantes decidíronse a facelo en grupo formando parte dun gran ambiente deportivo, a pesares da choiva que tamén formou parte da carreira.
Respectáronse en todo momento as recomendacións e protocolos en materia de prevención fronte ao COVID-19, polo que agradecemos a tódolos deportistas e colaboradores/organizadores o bo ánimo e a colaboración no cumprimento destas normas.
