O primeiro domingo de agosto fomos de sendeiro polo río Lérez en familia, contando coa participación dunha pequena campioa de 4 anos!

Saímos ás 9:30h da Ponte de Bora despois de visitar a Ponte dos Franceses moi preto de alí, sobre a desembocadura do río Almofrei sobre o propio Lérez. Unha hora despois e sempre seguindo o curso do río, estabamos a vadear o río na área fluvial, para logo gozar dun baño en ambiente festivo.

Continuamos ata a Ponte colgante de Tenorio, deseguido puidemos contemplar as imaxes mais fermosas do río Lérez. As dúas da tarde estabamos o pé de Fragoso, no río e volvemos á auga. O día estaba algo nubrado, pero facía calor. A subida a Fragoso por camiño empedrado fíxose sen problema e puidemos comer na zona deportiva, con auga fresca, un pequeno bar e mesas e bancos para todos. A Seguimos subindo, xa cos mais cativos un pouco cansos. A pesar dos devasas dos días previos, algúns tramos eran incómodos e xa empezabamos a estar cansos.

As seis e media da tarde chegabamos os prados de Gargallóns. Antes, algúns guiados por Xabi, foran ver a entrada da Illa do Pego, a altura dunhas ruínas dun muíño. Outro baño, o definitivo e subida a Gargallóns. Mentres os condutores ían polos coches (6,4 km), o grupo subía ata a vila dende a estrada vella por un camiño vertical para ollar o río dende o alto.

En total 9 km de ruta cun trazado un pouco incómodo pero aberto con pouco desbroce. Baños no río asegurados e con moita sombra, ruta axeitada para días de moita calor. Únicos accesos ó río en Bora, Praia e Ponte metálica (Tenorio) e nos prados de Fragoso e Gargallóns.

Powered by Wikiloc

COMPARTIR: