O club AROMON organizou o pasado domingo 13 de setembro un adestramento técnico de Orientación. Se celebrou no mapa das Chans do Barbanza, cedido xenerosamente polo club USC de Santiago de Compostela.

Contamos cunha participación ben variada, de varios clubs máis – aparte de AROMON-, nunha xornada de calor, precisamente nun mapa que se caracteriza pola ausencia de árbores e a presencia de formacións rochosas.

O deseño do adestramento permitiu a participación de orientadores de distinto nivel físico, que adaptaron o percorrido as súas condicións. Pero todos tiveron que demostrar o seu nivel técnico co fin de cometer os menos erros posibles.

Nun ambiente acolledor, e respectando as necesarias medidas de seguridade ante o virus Covid-19, transcorreu a mañá, onde os nosos orientadores máis novos demostraron o seu excelente nivel.

Seguiremos preparando adestramentos en próximas semanas…

Adestramento técnico de Orientación

COMPARTIR: