Entre o 11 e o 19 de maio de 2019 volvía a Galicia unha proba da Copa do Mundo de Raid. Volvía a aventura, a supervivencia, a emoción… volvía o Raid Gallaecia. Por terceira vez íamos ter unha das carreiras máis duras do calendario na nosa terra: 500 km e un máximo de 120h para completalos. Esta vez na zona da Mariña lucense, con saída en Muras e meta en Viveiro.

Como non podía ser doutra forma, alí estou eu por terceira vez, só mes e medio despois de correr en India. Con dubidas de si estarei recuperado para esta aventura ou si me resentirei moito, pero cunha ilusión desbordante coma sempre.

Copa do Mundo de Raid -  Raid Gallaecia 2019 -
Copa do Mundo de Raid -  Raid Gallaecia 2019

O día 9 de maio chego a Viveiro, alí me esperan Marcos e a incombustible Mariana, recen chegada de Brasil. Con eles xa corrín en África, e inda que con algún que outro contratempo, resultou ser unha experiencia que nunca esquecerei: había que volver a correr xuntos outra vez. Ese día pola tarde chega o noso último compañeiro, nada máis e nada menos que o gran Arnau Juliá!! Creo que estou máis nervioso por coñecelo que pola carreira de seu.

Nunca esquecerei as súas primeiras palabras cando chegou ao hotel: –“Te imaginaba más alto”. ¬ uiiii vamos a levarnos ben ehhh 😄 😄 😄 – Realmente unha persoa excepcional e digna de admirar.

Eses días antes do pistoletazo de saída empezamos a preparar todo o equipamento, pasar os controis de cordas e de material obrigatorio, charla técnica, foto de equipo, comprar algo de comida e deixar todo listo para a carreira. Sempre son momentos tensos e de nervios por no deixarse nada e levar todo o necesario: un fallo neste momento pode mandar ao garete meses de preparación.

O domingo 12 de maio ás 8:00h nos montamos nos autobuses en Viveiro e a organización nos traslada hasta Muras onde se dará a saída a este III Raid Gallaecia. Unha vez alí nos dan as bicicletas que temos gardadas nas súas caixas, as montamos; nos dan os mapas, os pintamos… e xa estamos listos, só faltan uns minutos para a saída.

Alí estou de novo, outro gran reto por diante, con grandes equipos chegados de todo o mundo, todos cun obxectivo común, ser os máis rápidos en completar os 500 km que nos separaban da liña de meta…

Copa do Mundo de Raid -  Raid Gallaecia 2019
Copa do Mundo de Raid -  Raid Gallaecia 2019

3, 2, 1… e arranca a Terceira Edición do Raid Gallaecia.

Cunha primeira sección de bici de 40 km que nos leva ao corazón do Xistral. Os equipos saen moi fortes nestes primeiros minutos de carreira, nun inicio que era todo costa arriba, non hai que descolgarse pero tampouco hai que queimar todas as nosas enerxías, pois isto só acaba de empezar. Ao pouco noto que a miña roda perde aire, merda 💩, pinchei so ao empezar… Levo líquido antipinchados, dámoslle aire á roda coa idea de que o líquido faga a súa función e tape o buraco. Seguimos e ao pouco volvo a estar sen aire, decidimos parar e meterlle unha cámara todo o rápido que podemos, para non demorarnos moito. Volvemos a empréndela marcha pero para colmo ¡volvo a pinchar! ¡Non pode ser! Xa queda pouco para chegar á transición, a roda perde pouco aire, dámoslle outro pouquiño có bombín e forzamos ata chegar á transición case sen aire.

Gardámolas bicicletas nas caixas, nos poñemos as zapas de correr, enchemos as nosas mochilas con auga e saímos ao primeiro trekking de 40 km. Atravesamos o corazón do Xistral, cos seus cumes redondos, moldeadas polo paso do tempo, os seus grandes vales e os seus prados. Hai que ir moi atentos e navegando moi ben, calquera fallo te pode facer perder horas. Entre Arnau e eu vamos levando a orientación e nos vamos compenetrando moi ben, empezamos a pasar equipos que nos adiantaran cando pinchamos na bicicleta, o ritmo é bo e a zona é espectacular.

En pleno corazón do Xistral temos unha das probas especiais do raid: un rapel de máis de 50m desde o alto dunha cota granítica. Case chegando ao final, atravesamos un río e vemos que algún equipo sube pegado a un tubo de auga dun salto hidráulico, pero pola nosa esquerda aparece un camiño que morre onde estamos, inda que non aparece no mapa. Decidimos arriscar e collelo, a algún lado nos ten que levar, e con sorte evitamos subir un bo tramo que despois teremos que baixar. Así facemos: nos desviamos e a xogada sáenos ben e o camiño nos leva ás aforas de Mondoñedo. Atravesamos as rúas e chegamos á praza da catedral de Mondoñedo abarrotada de xente, vendo o ir e vir dos equipos, música en directo e un speaker retransmitindo a carreira e animando aos equipos. Toda unha festa montada na praza, algo ao que no estamos acostumados, pois as transicións soen ser en lugares illados e en ausencia de público. Entramos có equipo francés Issii Adventure en 4ª e 5ª posición.

Tras arranxar a miña roda pinchada, cambiarnos e repoñer algo de comida nos nosos estómagos, emprendemos a cuarta sección do raid, a máis dura sen dubida. Un tramo de bicicleta de 130km con máis de 5000m de desnivel positivo. Arrancamos da praza de Mondoñedo coas últimas horas do día e tras uns quilómetros recorridos…

Copa do Mundo de Raid -  Raid Gallaecia 2019
T2-Mondoñedo---Raid-Gallaecia-ARWS-2019

Mariana nos di que non se atopa moi ben, que lle costa respirar pero que non nos preocupemos. A noite cae sobre nós e con ela aparece a néboa, o que dificulta moito a orientación. Pouco a pouco vamos avanzando, con grandes subidas que empezan a cargar as pernas. A media noite, Mariana empeora moito e pídenos que paremos un anaco, nos metemos nunha casa que estaban reformando e bótase a durmir un pouco, lle costa moito respirar. Marcos, Arnau e eu falamos sobre as distintas opcións que temos, sabemos que abandonar non é unha opción para Mariana. Escoitamos a algún equipo pasar polo camiño. Pasada unha hora e media volvemos a poñernos en marcha. Mariana sigue con problemas respiratorios, entre todos vamos axudándoa a avanzar, pero vamos moi lentos, nesta inacabable sección. Sen dubida a sección máis dura de todo o raid. Subindo á penúltima baliza, cando case non nos queda comida, Arnau decide parar nunha casa do pequeno pobo que estábamos atravesando para pedir un cacho de pan para comer. Unha señora moi amable nos di: –“Pero como ides comer pan só, douvos uns chouriciños!” E alí nos sae a señora con tres chourizos e un cachiño de pan. Eternamente agradecidos continuamos o noso camiño, picamos a baliza no alto da montaña e decidimos parar a comer o noso recen adquirido manxar. ¡Que ben nos sentou! Xa só queda baixar cara a seguinte transición facendo unha paradiña nunhas minas, no interior temos a última baliza.

Terceira Edición do Raid Gallaecia

Na transición, Mariana acude a ver ao médico para que a examinen e poder decidir que facemos. Mentres tanto aproveitamos para gardar as bicis nas caixas e comer algo. Despois dun pouco o médico ven a xunta de nós na ambulancia, alí dinos que Mariana ten unha reacción alérxica a algo (seguramente pole) que lle impide respirar. Póñenlle unha mascariña de oxíxeno e subminístranlle un analxésico; fora de que está moi cansa polo gran esforzo realizado, está ben. A decisión de seguir ou abandonar será nosa.

Ao cabo duns minutos volve Mariana, con moita mellor cara e sobre todo con ganas de seguir dando guerra.

Pois non se fale máis! Collemos os bártulos e nos diriximos aos kayacks para afrontar a seguinte sección polo río Eo.

Durante os primeiros quilómetros se suceden zonas con moitos rápidos onde Marcos e eu envorcamos en varias ocasións e tamén Arnau e Mariana envorcan unha vez. A luz vai decrecendo e a noite achegase, temos que darnos presa para abandonar esa zona perigosa antes de que se faga de noite. Có sol escondido tralo horizonte, pero inda coas últimas luces do día, adentrámonos no último tramo do río Eo antes de facerse ría, onde as augas están tranquilas e podemos avanzar a bo ritmo. Está unha noite fresca e iso se nota, pois estamos empapados de cando nos caemos, polo que non podemos deixar de remar nin un momento. Entramos na ría e empezamos a ver luces ao lonxe das diferentes poboacións costeiras, noso destino é o pobiño asturiano de Castro Pol. Desembarcamos nun pequeno embarcadoiro, o frío nese momento é intenso e empezamos a tremelicar polo que subimos andando o máis rápido posible hasta un pavillón onde está montada a transición e podemos cambiarnos e entrar en calor. Había máis equipos alí, case todos durmindo, nós decidimos facer o mesmo e paramos a durmir unha hora.

Unha hora despois, nos levantamos, nos botamos as mochilas ás costas e enfilamos a porta para iniciar a 5º sección do raid: un trekking pola costa astur-lucense. O primeiro tramo é cun mapa específico pola zona asturiana de Castro Pol, tras coller tódalas balizas cruzamos a ponte sobre a ría de Ribadeo que nos leva de volta a Galicia mentres o sol empeza a asomar polo Este. Recorremos a costa lucense hasta a famosa Praia das Catedrais, vamos animados e a bo ritmo, Mariana parece que se atopa bastante ben. Ao pé da Praia das Catedrais, nun bar, nos compramos uns bocatas e cambiamos o noso rumbo, deixando o mar ás nosas costas e dirixíndonos ao interior. Diante de nós espera unha gran subida por pequenas pistas e devasas, onde o estado de Mariana volve a empeorar en parte debido ao esforzo requirido. Entre Marcos e eu nos vamos aquendando para axudala a subir. Alcanzamos a cume da montaña onde temos unha baliza e empezamos a baixar por grandes lombas e infinidade de camiños entre prados e plantacións de eucalipto. Vamos adiantando a algún que outro equipo, nos acercamos ao final da sección, quizás un dos peores momentos para min, fisicamente algo xusto, ademais de que as baixadas empezan a pasarme factura e me doen bastante os xeonllos. Picamos a última baliza nas ruínas do Castelo de Frouxeira no alto dun pequeno monte e tras unha longa e empinada baixada, onde vou sufrindo bastante o que me impide avanzar todo o rápido que me gustaría, nos enfilamos cara a seguinte transición.

trekking pola costa astur-lucense
190515.-T8-y-Meta-Viveiro---Raid-Gallaecia-ARWS-2019

É media tarde e xa nos atopamos montando as bicis e listos para a seguinte sección, que ía ser curta e nos levará hasta Burela.

Empezamos cunhas fortes subidas con moitas pedras e moi rota, onde é case imposible subir montado e toca empurrar as bicis. Marcos lévanos a un ritmo vertixinoso por eses montes, e tras uns quilómetros volvemos a ver o mar ao lonxe. Toca baixar por pequenos carreiros que nos levan directos a Burela, imos de rúa en rúa e coas ultimas luces do día chegamos á seguinte transición.

Raid Gallaecia 2019

Aquí temos un pequeno debate, ou parar e durmir agora ou saír ao seguinte trekking e parar despois. Estamos bastante espertos e relativamente cedo, así que decidimos saír á seguinte sección. Xa de noite nos movemos polas rúas de Burela hasta abandonar o pobo e entrarmos no monte, vou levando a orientación ata chegar a un pantano. Aquí temos outra sección especial, paddelsurf polo embalse, pero só o temos que facer dous dos compoñentes do equipo. Arnau e eu somos os encargados de remar mentres Marcos e Mariana se desprazan andando hasta o final desta mini proba. Nos volvemos a reunir e retomamos o noso camiño por pequenos sendeiros que se perden na noite.

O último tramo da sección é por un pequeno paseo paralelo á liña da costa. Vamos andando, pois é un terreo duro e así non castigamos tanto os pes. Marcos vai axudando a Mariana neste tramo, pero empezan a quedarse durmidos, decidimos botar a correr, e así manter a tensión ata chegar á transición. Se trata dunha sección en bucle polo que volvemos a Burela.

Neste punto de carreira nos atopamos en 5ª posición, remontamos bastantes postos desde que paramos a primeira noite polos problemas respiratorios de Mariana, que inda os arrastra, pero quería seguir loitando como unha autentica xabata.

WORLD CHAMPIONS Raid Gallaecia

Outra vez na transición de Burela decidimos durmir 2h e 30min, para recuperar algo as forzas. Soa o espertador de Arnau, nos espertamos con esa sensación xa característica destas carreiras onde estas… canto menos raro, dóeche todo, tes sono, fame, sede… pero moitísimas ganas. Comemos algo mentres vémolos mapas da seguinte sección, a penúltima desta carreira. Coas primeiras luces do día, montados nas nosas bicis emprendemos os seguintes 100km e 3000m de desnivel positivo desta sección, á que bautizaron “Ruta das cascadas”.

Vamos avanzando por pistas anchas, e entre todos vamos axudando á incombustible Mariana que segue sufrindo problemas respiratorios. Entre tanto desfrutamos das fermosas cascadas polas que pasamos: 4 grandes cascadas nas que temos 4 balizas. Inda que o desnivel é acusado vaise levando ben e se pode ir pedaleando todo o tempo.

  Copa do Mundo de Raid.Raid Gallaecia 2019

É mediodía. Pasamos por Xove, un pequeno pobo da mariña lucense, onde decidimos facer unha parada para comprar algo de comida nun supermercado. Un pouco de pan fresco con algo de embutido, unha Coca-Cola, un iogur bebible e de postre uns donuts. Comemos sentados na beirarrúa, baixo a mirada incrédula dos viandantes ante as nosas depauperadas pintas… nos sabe a gloria.

Renovadas as forzas e o espírito, dirixímonos á caza da última baliza desta sección no faro de Punta Roncadoira, onde está o inconfundible Germán Cuevas animando e facendo fotos. Sómente nos quedan uns poucos quilómetros para chegar a Viveiro, pero con algunha que outra endiañada costiña cabrona. Marcos orienta mentres Arnau e eu axudamos a Mariana facendo o trenciño coas bicis. Xa podemos vélas primeiras casas, dúas curvas máis e estamos no porto de Viveiro.

Copa do Mundo de Raid - Raid Gallaecia 2019

O sol que luciu durante todo o día empeza a esconderse baixo un manto de nubes. Estamos diante da última sección do raid, queda pouco para poder cruzar a liña de meta, seguimos en 5ª posición pero non sabemos canta distancia temos de avantaxe. Toca ir á auga sen demorarnos, nos poñemos os chalecos salvavidas, collemos as palas e a remar. O itinerario nos leva cara unha praia nas aforas da ría de Viveiro, onde temos que desembarcar e ir correndo hasta o famoso Fuciño do Porco, un coñecido faro da costa lucense. Picamos a baliza, volvemos a polos kayacks e volvemos a nos adentrar no mar. Faise de noite ao pouco de abandonar a praia e nos cruzamos cos nosos perseguidores. Si non pasa nada raro deberíamos acabar quintos.

Poñemos rumbo a Viveiro. Vamos remando a bo ritmo, vou na proa do kayack xunto a Marcos. E nisto empezo a fixarme que a onda que se forma ao avanzar o kayack escintila dunha cor verde brillante, e a estela da miña pala ao saír da auga tamén… Me quedo calado durante un momento, sen dicir nada… ¿estarei alucinando? Nisto chamo a Marcos e sen dicir nada máis có seu nome me di: –“Siii, eu tamén o vexo, pensei que estaba alucinando”. Falámolo con Mariana e Arnau que tamén o están vendo. ¡Unha autentica pasada!

A estela de calquera dos kayacks queda iluminada dun verde fosforito súper bonito, a auga que se rompe ao saír a pala do mar queda brillante, a onda que se produce ao impactar o casco do kayack queda inmediatamente iluminada por este efecto máxico. Sen dubida unha das experiencias máis espectaculares que teño vivido encima dun kayack. Durante un curto momento podemos gozar deste magnífico e hipnótico efecto causado pola bioluminescencia do plancto. Conforme nos vamos acercando ao porto, este efecto vaise apagando pero xamais o imos esquecer ningún dos catro.

Raid Gallaecia 2019

Chegamos outra vez a porto, a organización nos aplaude e nos da ánimos. Só nos quedan 2km correndo ata praza de Viveiro para poder cruzar a liña de meta.

Imos de rúa en rúa polo casco antigo e tras uns poucos minutos alí estamos, ante o ansiado arco, o que pon fin a esta aventura. Somos 5º clasificados do Raid Gallaecia 2019 e primeiro equipo español en acabar este desafío. Descróuchamos a botella de champan e nos abrazamos nunha aperta infinita.

Entre todos o conseguimos, loitando uns ao lado dos outros, apoiándonos e sendo máis fortes xuntos.

Copa do Mundo --Raid Gallaecia

Sen dubida Mariana deunos unha lección de tenacidade, forza, afán de superación e nunca, nunca renderse pese ás adversidades. A miña autentica admiración.

E que dicir dos meus compañeiros… A Marcos xa o coñecía e é un auténtico pracer correr con el, é todo corazón. Arnau era un referente e o seguirá sendo, un verdadeiro crack do que aprendín moitísimo.

Tras unha pequena charla cos membros da organización e unha pizza recen feita que nos tiñan preparada, tocaba un descanso merecido. Aquí se acabou outra Copa do Mundo, outro Raid Gallaecia, sempre aprendendo e sempre con ganas de máis.

Copa do Mundo de Raid 2019_Raid Gallaecia

Inda que este ano 2020 non se puido correr ningunha destas carreiras, para o ano volveremos con máis gañas que nunca e os nosos amigos de Raid Gallaecia nos terán preparado todo un WORLD CHAMPIONS seguro que espectacular.

¡Seguiremos soñando con grandes aventuras e intentando cumprilas, nos vemos na próxima!

Crónica do noso DGAN Adri Moreira


COMPARTIR: