O pasado domingo día 11 de xullo, o club AROMON comezou as sempre benvidas actividades, máis propias do verán, relacionadas con auga e rocha.

Coma bautizo desta tempada, iniciáronse có costering de cabo Home. Un lugar que por máis que o coñezas sempre depara travesías sorprendentes.

Alí os participantes puideron desfrutar dunha mañá solleira. A travesía foi ben intensa, con puntos tan interesantes coma o paso por unha cova batida polo mar. Coincidiu que estaba a marea baixa, o que permitiu observar a grande abundancia de percebes nas rochas. O percorrido estaba cheo de sorpresas dende o inicio ata saída, que para non ser menos ofreceulles unha sima-túnel moi intensa e interesante, xa próxima ao faro branco.

Dentro do respecto a toda a fauna e flora presente se puideron asombrar do poder do mar, o xogo coas ondas, os saltos á auga, o paso pola praia de Melide, etc.

Como xa é lamentablemente habitual en moitas saídas a natureza, non puido faltar a recollida de residuos que nos levamos aos contedores da praia. Por desgracia o lixo sempre está presente. Dende o club vós animamos a facer un uso respectuoso do medio, non deixar lixo e si é posible contribuír a retirar todo o que poidamos.

Por riba de todo, a primeira xornada de costering do 2021 foi unha experiencia moi bonita e máis intensa.

Ata volta!


COMPARTIR: