O pasado domingo 18 de xullo volvemos aos ríos e barrancos có descenso dos tramos finais do Rego do Castro e do Rego de Porto Dos Bois, con finalización na aldea de Cavadosa (Cerdedo).

A aproximación á cabeceira nos permitiu observar o val do Río do Seixo e a Serra do Cando, con espectaculares carballeiras nas súas ladeiras, inda que a parte superior da serra sofre as consecuencias dos incendios e a instalación do parque eólico.

A senda de acceso tamén nos permite ir facéndonos unha idea do que nos espera no barranco: vexetación e granito, e os seus antigos muíños abandonados na parte baixa.

Unha vez metidos na tarefa, vamos atopando algunhas pozas, destrepes e os primeiros pequenos rápels, tamén aparecen pasos estreitos entre grandes bloques de granito e a medio percorrido algún tobogán. A estas alturas xa temos unha boa poza onde realizar saltos e xogar con algunha marmita, xusto antes do rápel máis longo que facemos pola cascada.

Pero inda nos quedan algunhas cousiñas cara ao remate: paso subacuático, destrepes e saltos na poza final.

A xornada acompañou con boa temperatura e ceo despexado, con augas fresquiñas e caudal suave.

P grupo desfrutou con grande ambiente e humor, sempre atentos ás precaucións necesarias neste tipo de actividades.

Proximamente nos desprazaremos a O Barco de Valdeorras para seguir coas nosas aventuras…


COMPARTIR: