INICIO DA ESCOLA DE ORIENTACIÓN AROMON

 
Deixámosvos enlace á enquisa previa á configuración do cronograma da Escola de Orientación de Aromon para este curso 2021/22, e vos informamos de varios puntos importantes:
  • As clases comezarán previsiblemente a semana do 18 de outubro, e extenderanse ata mediados de xuño.
  • Os custes da Escola serán: 120€ (ata os 16 anos) e 160€ (maiores de 16 anos), e se farán en 2 pagos (outubro-decembro e xaneiro-xuño).
  • Existirán diferentes niveis de dificultade (ata 3), e a Escola rexerase polo calendario escolar de Galicia para o curso 2021/22.
  • Se estás interesad@ na participación na mesma, agradeceríamos cubriras esta enquisa, para poder valorar as posibilidades en datas e horarios.
 

https://forms.gle/RgkFxs82Xad2hmrFA


 
A enquisa estará aberta ata o vindeiro martes 28 de setembro ás 22:00h. Unha vez consultadas as vosas preferencias, enviaremos nova información para confirmarvos calendario definitivo e condicións.

COMPARTIR: