Espeleoloxía na Cova de Ceza

Cova de Ceza

Data

26 Xuño, 2021

Hora

09:00

Localización

Courel

Inscrición:

Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o xoves 17 de xuño. Inclúe organización, monitores e desprazamento (en coches dos participantes). Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL GALEGA ES27 3070 0047 9362 6495 0129 ou na oficina do club.

Desenvolvemento:

Actividade de dificultade baixa.
Trátase dun percorrido curto, duns 700m que levaranos arredor de 2 horas por unha cova de pequenas dimensións, pola que progresaremos seguindo o curso de saída dun pequeno regato que é o que orixina a cavidade. Faremos unha pequena trepada, un par de tramos de gateo e atoparemos algún paso estreito.
Como a auga estará presente en case que todo o percorrido as botas de auga serán moi necesarias.

Material obrigado:

Máscara, funda ou mono de traballo, luvas e botas de auga. Casco con frontal.

Material recomendable:

Roupa e calzado de cambio, chuvasqueiro e prenda de abrigo, bastóns, lentes, crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.


COMPARTIR:

Rexistrate agora!

Tipo de entrada:

Cantidade Total

Localización

Prazas 45 (45 Restante)
  • Courel
  • Noceda
  • Folgoso
  • Lugo
  • España

Data/Hora

  • 26 Xuño, 2021 09:00 - 17:00
Compartir esta actividade
ENGADIR AO MEU CALENDARIO