Integral do Morrazo 1ª parte

Data

6 Setembro, 2020

Hora

09:00

Localización

Península do Morrazo

Inscrición.- Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o venres 4 de setembro. Inclúe organización, monitores e seguro para os non federados. Desprazamento en coches dos participantes. Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL ES27 3070 0047 9362 6495 0129 ou na oficina do club.

Desenvolvemento.- Actividade de dificultade baixa. Sairemos do parque da natureza de Cotorredondo e atravesando unha devesa chegaremos ao dolmen da Chan de Armada. Subiremos ao Coto do Home (623m) e Faro de Domaio (628m) para logo baixar até unha area recreativa.

Subiremos ao Formigoso (481m), ao San Lourenzo (496m) e ao Paralaia (438m) para rematar en Ermelo.

Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos.

Material necesario.- Máscara. Roupa e calzado cómodos, bastóns, lentes, crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Prazas 120 (120 Quedan)

Organiza: Carlos e Chus

  • Península do Morrazo
  • Cotorredondo

Data/Hora

  • 6 Setembro, 2020 09:00 - 17:00
Compartir esta actividade
Engadir ao meu calendario