Quinxo

Quinxo

Data

19 Setembro, 2021

Hora

09:00

Localización

Campo da Feira

Inscrición

Prazas limitadas!

Apúntate aquí, cubrindo o formulario de rexistro e facendo o pagamento vía web até o mércores 15 de setembro. Inclúe organización, monitores e desprazamento (en coches dos participantes).

Desenvolvemento

Actividade de dificultade Medio exixencia física alta

Saímos o día 19 do Pavillón dos Deportes ás 8:00h.

Nº de Prazas 16

Itinerario da ruta

Iniciamos en Ribeiro de Baixo (550 m.) -Portugal- e tras cruzar o río Castro Laboreiro pisamos Galicia. Quédannos 800 metros positivos a Cima, os primeros 250 + en 400 lineais por trochas de gando, continuamos con 200 + en 150 lineais por monte baixo (Brezo, carqueixa, toxo rastreiro,…). Unha vez alcanzado o outeiro e ao cordear non demostres fatiga, cada vez que baixes a vista o Telúrico Quinxo, se che arreda,  xoga contigo ao escondite inglés. Os diseminados fitos nos guían ao Vértice (V) Xeodésico (G), Vistas Xenerosas ( Xurés, Peneda, Queguas, Larouco, Roca D’Anaman…)

Se camiñas descalzo polos penedos cimeiros o Telúrico Quinxo che devolverá multiplicada a enerxía perdida.

VOLTA, cómoda NNE á fonte Gurita e SSW á Ribeiro de Baixo.

Baño ou ducha opcionais. Augas Cristalinas Fondo de Laxas.

Si fuches previsor e deixaches cervexa, coca-cola….. no río á saída, terala fresca á chegada calmando a túa sede.

P.D.: Tódolos cálculos foron feitos con cartabón sobre Mapa topográfico do IGN 301-1 “

Material recomendable

Máscara obrigada. Roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro, bastóns, lentes, crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Prazas 30 (27 Quedan)
  • Campo da Feira
  • Campo da Feira
  • Entrimo
  • Ourense
  • España

Data/Hora

  • 19 Setembro, 2021 09:00 - 18:00
Compartir esta actividade
Engadir ao meu calendario