Río Caldo no Xurés

Lobios

Data

21 Agosto, 2021

Hora

09:30

Localización

Lobios

Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo.

Saída

Sábado 21 de agosto ás 9:30h no Pavillón de Deportes de Pontevedra.

Inscrición

Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o mércores 18 de agosto. Inclúe organización, monitores, pernocta en camping (bungalows), cea (21 agosto) e almorzo (22 agosto). Desprazamento e resto de comidas por conta do participante. Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL GALEGA ES27 3070 0047 9362 6495 0129.

Desenvolvemento

Actividade de dificultade baixa.

O sábado chegaremos ao río Caldo, baño e xantar á beira do río. Sobre ás 19:00h iremos cara o camping Quinta da Vila Grande.

O domingo faremos unha pequena camiñada ata un penedo do Xurés (Pena de Anamâo ou Castro Laboreiro). Estaremos de volta en Pontevedra sobre as 21:00h.

Material recomendable

Máscara obrigada. Roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro, bastóns, lentes, crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Roupa de baño e toalla. Comida e auga para pasar os días e ¡moitas ganas de desfrutar!


COMPARTIR:

Rexistrate agora!

Tipo de entrada:

Non Socio Club Cant. Entradas
Prezo x entrada 35,00
Federado Club ou 18 Cant. Entradas
Prezo x entrada 25,00
Cantidade Total

Localización

Prazas 20
  • Lobios
  • Lobios
  • Ourense
  • España

Data/Hora

  • 21 Agosto, 2021 09:30 - 22 Agosto, 2021 - 18:00
  • 22 Agosto, 2021 00:00 - 18:00
Compartir esta actividade
Engadir ao meu calendario