Ruta dos faros Etapa 2: de Niñóns a Ponteceso

Caminho dos faros: de Niñóns a Ponteceso

Data

12 Xuño, 2021

Hora

09:00

Localización

Ponteceso

Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos.

Inscrición:

Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o xoves 10 de xuño. Inclúe organización, monitores, desprazamento (en coches dos participantes) e seguro para os non federados.

Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL GALEGA ES27 3070 0047 9362 6495 0129 ou na oficina do club.

Desenvolvemento:

Actividade de dificultade moderada.
Esta etapa do camiño comeza na praia de Niñóns dirixíndonos ao Roncudo. Logo baixaremos ao faro e a punta do Roncudo. Acadaremos o Porto de Corme e a praia de Valadares para dirixirnos ao Monte Branco, dende onde teremos unhas marabillosas vistas do esteiro do Anllóns, a praia de Barra e a paisaxe dunar.
De aí iremos á vila de Ponteceso.

Material recomendable: Máscara obrigada. Roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro e prenda de abrigo, bastóns, lentes, crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.


COMPARTIR:
Actividade rematada

Localización

Prazas 90 (90 Restante)

Organiza: Almudena e Luis

  • Ponteceso
  • Ponteceso
  • A Coruña
  • España

Data/Hora

  • 12 Xuño, 2021 09:00 - 18:00
Compartir esta actividade
ENGADIR AO MEU CALENDARIO