Senda do Lérez

Senda do Río Lérez

Data

2 Agosto, 2020

Hora

09:30

Localización

Bora

Inscrición: Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o xoves 30 de xullo. Inclúe organización, monitores e seguro para os non federados. Desprazamento por conta dos participantes. Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de ABANCA ES08-2080-5403-4030-4011-8709 ou na oficina do club.

Desenvolvemento: Actividade de dificultade baixa. Partiremos por pistas e carreiros de fincas dende Ponte Bora. Pasaremos pola praia fluvial do Canal. Seguiremos a marcha e toparemos a Ponte Colgante metálica de Tenorio, e poderemos bañarnos un pouco máis arriba no río. Avanzaremos e xantaremos nunha aldea na beira de poñente do río Lérez, en Fragoso. Logo de xantar seguiremos polo río ata un meandro de gran beleza do río Lérez chamado a Insua do Pego. Nun miradoiro próximo, en Gargallóns rematamos a nosa ruta. Alí nos esperará un coche para recoller aos condutores e ir á buscar os coches en Ponte Bora. Preto de Gargallóns hai outra praia fluvial, en Portamirón, para os que queiran rematar nun baño.

Material necesario: Roupa e calzado cómodos, bastóns, gafas, crema solar, prenda impermeable e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.

Se a meteoroloxía o permite darémonos un baño no río, polo que recomendamos traer roupa de baño e toalla.

Prazas limitadas!


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Prazas 60 (60 Quedan)

Organiza: Javi Villaverde

  • Bora
  • Tenorio
  • Pontevedra
  • España

Data/Hora

  • 2 Agosto, 2020 09:30 - 00:00
Compartir esta actividade
Engadir ao meu calendario