Sendas do Tea en Mondariz

Data

19 Xullo, 2020

Hora

00:00

Localización

Inscrición.- Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o venres 17 de xullo. Inclúe organización, monitores, desprazamento e seguro para os non federados. Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de ABANCA ES08-2080-5403-4030-4011-8709 ou na oficina do club.
Desenvolvemento.- Actividade de dificultade baixa. Ruta circular de arredor de 17km, co seu punto de partida e final na praia fluvial do Val (Mondariz). Percorreremos as dúas beiras do río Tea, alternando as marxes a través de pasarelas e pontes. Cruzaremos a ponte do Val, ponte da Cernadela, os chanzos de Taín e pasaremos por varios muíños, algúns en ruínas.

Desfrutaremos do río e das fermosas praias fluviais coma O Val, O Ceo, e Foxaco. Camiñaremos por sendeiros estreitos e sempre á sombra das árbores de ribeira.

Material necesario.- Roupa e calzado cómodos, bastóns, gafas, crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.
Se a meteoroloxía o permite darémonos un baño no río, polo que recomendamos traer roupa de baño e toalla.


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Prazas 0 (0 Quedan)

Organiza: Segundo Querejeta

  • Mondariz
  • Pontvedra
  • España

Data/Hora

  • 19 Xullo, 2020 00:00 - 29 Xuño, 2020 - 17:56
Compartir esta actividade
Engadir ao meu calendario