Sendeiro Conrazones

A Guarda

Data

25 Xullo, 2021

Hora

09:00

Localización

A Guarda

Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos.

Inscrición

Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o xoves 22 de xullo. Inclúe organización, monitores e desprazamento (en coches dos participantes). Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL GALEGA ES27 3070 0047 9362 6495 0129 ou na oficina do club.

Desenvolvemento

Actividade de dificultade Baixa.

Sairemos o mesmo día dende o Pavillón dos Deportes as 8 horas

Nº de Prazas 16

Itinerario

– Saída do porto da Guarda, Igrexa de San Benito (Meteorólogo), Parroquial A Visitación de Santa María, Forte de Santa Cruz, CONRAZONES.

– Directa ascensión ao Alto Do Torroso ( 369 m.) con bonita e corta trepada.

– Na cima vistas infinitas ao W: Nova York, Boston, Chicago. Ao E: Istambul, Pekin.

– Retorno por bosque de acacias e umbrías, ata a Cala da Cetárea (a mellor conservada).

– Múltiples posibilidades de baño: Piscina, Cetárea, salvaje en rocas batidas polo agreste Atlántico ou civilizado nas praias de Area Grande ou Fedorento.

– Visita ao Bar Casa do Pescador cun mural único no mundo (alo menos no meu mundo).

Material recomendable

Máscara obrigada. Roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro, bastóns, lentes, crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Roupa de baño e toalla. Comida e auga para pasar o día.


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Prazas 20 (20 Quedan)
  • A Guarda
  • Porto da Guarda
  • A Guarda
  • Pontevedra
  • Spain

Data/Hora

  • 25 Xullo, 2021 09:00 - 18:00
Compartir esta actividade
Engadir ao meu calendario