Material

MATERIAL

NORMAS de PRÉSTAMO de MATERIAL

O material que pertence ó Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo esta a disposición dos seus socios, tendo en conta o seguinte:

1º Teñen sempre prioridade as actividades do Club programadas.

2º O material prestarase segundo orde de petición (data), realizándose a petición como mínimo con dous días de antelación.

3º A solicitude de préstamo tramitarase ca secretaría os mércores, xoves e venres de 21:00 a 22:00 h. no local do Club.

4º O socio que solicite o material farase responsable do deterioro non derivado do seu uso e desgaste normal, sendo estudiados pola xunta directiva os casos especiais.

Material DISPOÑIBLE

TENDAS: O socio que a solicite comprométese a devolvela limpa e seca para que non colla peolla (non gardalas ou entregalas molladas ou húmidas) e con tódalas pezas (barillas e piquetas). Nas actividades non organizadas polo Club, deberá solicitala especificando o número de días de préstamo.

MATERIAL de ESCALADA e ALPINISMO: Prestarase só a federados. Facéndose responsable o socio de dispor os coñecementos mínimos de manexo do mesmo:

  • Piolets
  • Crampóns
  • Cascos
  • Arnés
  • Kit descenso (mosquetón+oito ou stop autoblocante)
  • Mosquetóns de seguro

USO DO ROCÓDROMO: Imprescindible estar federado na modalidade correspondente:

  • SOCIOS: Acceso gratuíto.
  • NON SOCIOS: Abonando o importe da entrada no pavillón, segundo tarifas I.M.D.

MATERIAL de ORIENTACIÓN: Se prestará o material acordado pola Xunta Directiva, sempre xestionado a traves do Vogal de Orientación.

 

OS CASOS NON REFLEXADOS NESTAS NORMAS SERÁN RESOLTOS POLA XUNTA DIRECTIVA DO CLUB