31 Xaneiro, 2021
09:00
Covelo
Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos.
Inscrición: Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome,
d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o mércores 27 de xaneiro. Inclúe organización, monitores,
desprazamento (en coches dos participantes) e seguro para os non federados. Para formalizar a inscrición
facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL GALEGA ES27 3070 0047 9362 6495 0129 ou na oficina do club.
Desenvolvemento: Actividade de dificultade baixa (circular).
Sairemos da parroquia de Paraños e pasaremos polo pozo do Demo, Fraga de Millariñas, Fraga da Choza e aldeas coma A Bouza e A Lamosa. Visitaremos lagares de cera, muíños, antigas pontes, levadas de auga e fermosos miradores.
Material necesario: Máscara. Roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro e prenda de abrigo, bastóns, gafas,
crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.
¡Importante!
Horario de atención na oficina: Venres laborais de 20.30 a 21.30h