17 Xaneiro, 2021
09:00
Serra do Candán
Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos.
Inscrición: Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome,
d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o mércores 13 de decembro. Inclúe organización, monitores,
desprazamento (en coches dos participantes) e seguro para os non federados. Para formalizar a inscrición
facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL GALEGA ES27 3070 0047 9362 6495 0129 ou na oficina do club.
Desenvolvemento: Actividade de dificultade baixa (25km, circular).
Sairemos da estrada de Trasdomonte. Por unha pista ascenderemos até o monte Coco (969m). A
continuación baixaremos ata a aldea de Ameixedo, para logo acadar o cumio do Candán (1.017m).
Na volta visitaremos os neveiros de Fixó.
Material necesario: Máscara. Roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro e prenda de abrigo, bastóns, gafas,
crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.
¡Importante!
Horário de atención na oficina.- Venres laborais de 20.30 a 21.30h